Proxecto Curricular de Centro
Conxunto de decisións articuladas que forma parte do Proxecto Educativo e é responsabilidade dos centros educativos, que permite concretar o Deseño Curricular Base (DCB) e as propostas das comunidades autónomas con competencias educativas, en proxectos de intervención didáctica, adecuadas a un contexto específico. O PCC é o marco de referencia para o seguinte nivel de concreción: as programacións, en que se recollen os distintos acordos tomados no centro relativos aos obxectivos de ciclo. A función básica do PCC é tomar as decisión necesarias para garantir a adecuada progresión e coherencia no ensino dos contidos escolares da etapa á que se refire o proxecto. En España, coma noutros países europeos, desde a promulgación da Lei Orgánica de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE, 1990), constitúe unha parte fundamental na organización e estruturación do sistema educativo.