Proxecto Educativo de Centro

Proxecto Educativo de Centro
Nome científico: [PEC]

Instrumento básico de planificación e xestión que, en coherencia coa análise do contexto escolar, enumera e define as notas de identidade, formula os obxectivos do centro e expresa a estrutura orgánica e funcional da institución. Na elaboración, seguimento e valoración do PEC han de participar todos os membros da comunidade educativa e en última instancia ten que ser aprobado polo Consello Escolar do centro. En España, coma noutros países europeos, desde a promulgación da Lei Orgánica de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE, 1990), constitúe unha parte fundamental na organización e estruturación do sistema educativo.