proxector
(
-
s
m
[TECNOL]
Lámpada que contén un sistema óptico de espellos ou lentes, destinado a concentrar a luz dentro dun ángulo sólido determinado, xeralmente reducido a fin de obter unha intensidade luminosa elevada.
-
s
m
[TECNOL]
-
Aparato que permite proxectar sobre unha pantalla as imaxes dunha película cinematográfica ou dunha diapositiva. O proxector cinematográfico está constituído pola fonte de luz e o obxectivo, dúas bobinas, un mecanismo de desprazamento da película, un sistema ventilador e un obturador. O proxector de diapositivas adoita ir provisto dun sistema de ventilación, dun depósito de diapositivas e dos mecanismos axeitados de avance e expulsión, con accionamento manual ou automático. O episcopio permite proxectar sobre unha pantalla imaxes de obxectos non transparentes, como textos ou ilustracións. O retroproxector proxecta unha imaxe dun obxecto transparente de dimensións non fixadas.
-
Aparato destinado a proxectar sobre unha pantalla imaxes de televisión. Xeralmente consta dun sistema óptico que amplía as imaxes procedentes do tubo de raios catódicos. Un tipo de proxector moi empregado é o eidóforo.
-
-
proxector de perfís
[TECNOL]
Episcopio que proxecta sobre unha pantalla translúcida o perfil amplificado dunha peza e, superposto, un debuxo a escala do perfil de referencia, de xeito que, a partir da comparación de ambos, se pode verificar a súa coincidencia e, eventualmente, corrixir por mecanización o da peza ata facelo coincidir co do debuxo.