prudencia
prudencia
(< lat prudentĭa)
-
s
f
Calidade de prudente.
Antónimos: imprudencia. -
s
f
Conduta cauta e moderada que trata de evitar perigos ou riscos.
Sinónimos: cautela, precaución. Antónimos: imprudencia. -
s
f
[RELIX]
irtude cardinal que consiste no discernimento do que é xusto ou non, para seguilo ou fuxir del e que, polo tanto, conduce á fin última do home.
Refráns
- A prudencia é nai da ciencia.
- Deixa-Io certo polo dubidoso, non é proveitoso.
- Máis vale onza de prudencia que ferrados de ciencia.
- Onde hai clemencia hai prudencia.
- Onde hai máis prudencia, ten que haber máis ciencia.
- Onde hai prudencia e boa conciencia sobra a penitencia.
- Onde hai prudencia e conciencia, non hai de que haber penitencia.