Prusia Oriental

Prusia Oriental

Provincia do antigo Reino de Prusia, que comprendía o litoral báltico entre o Vístula e o Nemunas, con capital en Königsberg. Aproximadamente correspondía aos dominios da orde Teutónica, que en 1525, ao secularizarse, constituíron un ducado hereditario a favor do gran mestre Alberte de Hohenzollern (Alberte I de Prusia). Durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945) a maior parte da poboación, de etnia e cultura xermánicas, foi evacuada. A Conferencia de Potsdam (1945) atribuíu a parte norte á URSS e o sector meridional a Polonia.

Palabras veciñas

Prus, Boleslaw | Prusia | Prusia Occidental | Prusia Oriental | prusianismo | prusiano -na | Prusías I