Pu Yi

Pu Yi

Último emperador de China (1908-1912). Membro da dinastía Qing, foi nomeado emperador con dous anos, co nome de Xuantong, tras a morte do seu tío o emperador Kuang-su. Durante a rexencia, seu pai freou o proceso de reforma, feito que provocou un descontento que culminou coa proclamación da república e coa abdicación do emperador en 1912. Desde ese momento adoptou o nome de Henry Aisin-Gioro e trasladouse a Tianjin. Entre 1934 e 1935 os xaponeses nomeárono rexente (1932) e emperador (1934-1945) do estado de Manchukuo, co nome de Gangde. Tras a Segunda Guerra Mudial foi capturado polo Exército Vermello e trasladado a China onde foi sometido a un proceso de reeducación ata 1959. Desde ese momento viviu coma un cidadán e escribiu as súa memorias.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pequín

  • Deceso