Pude, torre de
Pude, torre de
Construción situada en San Simón da Costa (Vilalba). Situada nunha pequena ladeira, no medio dun casarío, ten outras construcións e vivendas pegadas. Presenta planta rectangular coa fachada principal e unha das laterais realizadas en cantaría e as demais en cachotaría. Ten unha escalinata de acceso na fachada principal e unha galería de madeira que se lle engadiu despois de suprimir a planta superior. Estivo relacionada cos Pardo de Andrade.