pudia

pudia
  1. s f [PLANTA]

    Arbusto moi ramificado, de ata 3 m de altura, follas simples, lanceoladas e de cor agrisada, flores amarelas dispostas en acios e froito en legume oblongos e recubertos de pelos. Aparece formando matorrais en zonas de montaña. Florece entre abril e xuño no interior de Galicia. Emprégase como planta ornamental e as súas flores usáronse para tinxir a la de cor amarela. OBS: Tamén se denomina xesta branca.

  2. pudia xesta [PLANTA]

    Arbusto de ata 2 m de altura, con ramas moi angulosas de 5 costelas, follas pecioladas cun só folíolo, flores amarelas, solitarias ou en parellas, e froito en legume aplanado de cor negra cando está maduro. Florece na primavera en zonas despexadas, matorrais e acantilados. Dáse desde o nivel do mar ata os 1.000 m. É unha planta endémica de Galicia e doutras zonas do N da Península Ibérica.