pueblo*
pueblo*
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo pueblo.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo pueblo.
-
s
m pl
[ETN]
Grupo de pobos indíxenas de América do Norte, que pertencen a familias lingüísticas diferentes, pero cunha cultura común. Os pobos pueblos son os hopi, os keres, que viven ao O de Río Grande, no estado de Novo México, e os tano e os zuni. Cando os europeos chegaron ao territorio de EE UU xa coñecían a agricultura e o tecido, facían cerámica e construían casas de pedra de tres ou catro pisos. A sociedade pueblo ten moitos trazos matriarcais e a relixión consiste na veneración das forzas naturais, especialmente do Sol.