Puente Carracedo, Eduardo

Puente Carracedo, Eduardo

Sindicalista. Coñecido como o Nécoras, foi un dos fundadores da organización Juventud Liberal. En Tierra del Fuego foi un dos alicerces da Federación Obrera de Magallanes, de tendencia anarcosindicalista (1918), e, como consecuencia das loitas sociais, pasou un ano na prisión de Ushuaia antes de ser deportado en 1921. Retornou a Santiago de Compostela para asesorar no tempo inmediato á Ditadura de Primo de Rivera o Sindicato de Panaderos da CNT, aínda que a mediados da década de 1920 dirixiu o negocio familiar e afastouse da organización obreira. Detido nos días inmediatos ao golpe militar de xullo de 1936, foi asasinado nos arrabaldes da cidade.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela

  • Deceso