puga

puga

(

  1. s f

    Corpo ou obxecto fino e ríxido rematado en punta.

    Ex: O peite tiña as pugas de almafí.

    Sinónimos: púa. Confrontacións: espiña.
  2. s f

    Picos ou espiñas que cobren o corpo dalgúns animais, como o do ourizo cacho.

    Sinónimos: púa.
  3. s f

    Fragmento dunha planta ou dunha árbore que se une ao pé ao facer un enxerto.

    Sinónimos: púa.
  4. s f [MÚS]

    Peza fina, triangular ou oval, de diversos materiais, que se emprega para tocar algúns intrumentos de corda.

    Sinónimos: púa.
  5. s f [TÉXT]

    Fuso das máquinas fiadoras.

    Sinónimos: púa.