Puga
Puga
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de orixe galega que trae como armas escudo cuartelado: 1 e 4, de prata, cunha espora de azul; 2 e 3, de prata, cunha caldeira de sable. Outro trae, en campo de azul, dúas esporas de ouro, e mais dúas caldeiras de sable colocadas en dúas faixas, espora e caldeira no alto e caldeira e espora no baixo. Outro, escudo cuartelado: 1 e 4, de ouro, cunha caldeira de sable; 2 e 3, de azul, cun acicate de ouro; bordo do mesmo, cargado de cinco caldeiras de sable, colocadas dúas en cada flanco e unha en punta.