Puga Pereira, Manuel

Puga Pereira, Manuel

Biólogo e farmacéutico. Doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela (1982), especializouse en farmacia industrial e galénica, e en análise e control de medicamentos e drogas. En 1975 comezou a súa actividade investigadora no departamento de edafoloxía da Facultade de Farmacia (USC) e no Instituto Universitario de Estudios y Desarrollo de Galicia. En 1981 incorporouse aos laboratorios farmacéuticos ICI Farma, SA -posteriormente ASTRAZENECA Farmacéutica Spain-, onde ocupou os cargos de director técnico e director da fábrica do Porriño.

Presidente da Fundación Galicia-Empresa desde 2002, escribiu Ernestina Otero Sestelo: Pedagoga (1992) e Redondela (1995). En 1978 recibiu o premio Federico Maciñeira da Deputación Provincial da Coruña como coautor do traballo “Contribución al estudo de las condiciones naturales de San Andrés de Teixido y su entorno geográfico”. En 1998 recibiu o título de Redondelán Distinguido. É académico numerario da Real Academia de Farmacia de Galicia (2004). Dende 2016 é o presidente da Fundación Penzol.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Redondela