Puget, Pierre
Puget, Pierre
Escultor e pintor francés. Formouse en Italia con Pietro da Cortona e comezou a súa tarefa de escultor cos Atlantes do pórtico da casa do concello de Toulon (1656-1657). Fixo para Fouquet, que o protexeu, un Hercule gaulois (1661). Estableceuse uns anos en Xénova, onde traballou para diversas igrexas e, de regreso a Toulon en 1667, decorou os mascaróns de proa das naves reais. Esculpiu para Versailles Milon de Crotone (1682) e Persée et Andromède (1684), e é autor dos baixorrelevos Alexandre et Diogène (1687-1692) e Saint Charles Borromée priant pour la cessation de la peste de Milan (1694).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Seon -
Deceso
Lugar : Marsella