puinave
puinave
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo puinave.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo puinave.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo de Amazonia que vive nas ribeiras do río Inírida (Colombia) e territorios limítrofes de Brasil e Venezuela. Practican a caza, a pesca e a recolección, e cultivan o solo de forma itinerante.
-
s
m
[LING]
Lingua amerindia da familia puinave-maku, que fala o pobo puinave.