Pula

Pula

Cidade de Croacia, situada ao S da península de Istria (62.378 h [1991]). É un centro turístico, concentrado na illa de Uljanik. Antiga colonia romana (Pietas Iulia), a poboación foi sucesivamente posesión dos bizantinos (539) e dos francos (788), e capital do marquesado de Istria. Despois pertenceu a Venecia (1150), a Austria (1850) e a Italia (1920) e incorporouse a Iugoslavia en 1947.