punto

punto

(< lat punctu)

  1. s m

    Sinal ou marca visible de pequeno tamaño e forma redonda que destaca sobre unha superficie.

    1. s m

      Posición determinada sobre unha superficie, liña, mapa ou lugar.

    2. s m

      Lugar determinado no espazo, onde se localiza algo.

    3. s m [ANAT]

      Pequena área que se toma de referencia para situar un órgano.

    4. s m [MAT]

      Elemento do espazo que non ten extensión, só posición.

    5. s m [COMUN]

      Cada unha das superficies elementais en que está dividida a imaxe mediante a exploración. A sucesión de puntos horizontalmente constitúe unha liña.

    6. punto adherente [MAT]

      Punto x tal que, dado un conxunto A dun espazo topolóxico, calquera contorno de x contén algún punto de A.

    7. punto alveolar [ANAT]

      Punto central do arco alveolar superior.

    8. punto apendicular [ANAT]

      Calquera dos puntos dolorosos á presión na parede abdominal na apendicite, como os puntos de Lanz, de Morris ou de Mac Burney.

    9. punto cardinal [XEOG]

      Cada un dos catro puntos que divide o horizonte noutros tantos cuadrantes iguais, determinados pola posición do polo boreal (norte, N) e pola do Sol ao mediodía (sur, S), ao saír (leste, L) e ao poñerse (oeste, O). A partir deles créanse os puntos cardinais intermedios que son os situados a igual distancia de dous puntos cardinais: nordés (NL), noroeste (NO), sueste (SL) e suroeste (SO).

    10. punto cego [ANAT]

      Rexión da retina do ollo pola que penetra o nervio óptico e que non é apta para percibir os raios luminosos.

    11. punto de acumulación [MAT]

      Punto x que, dado un conxunto A dun espazo topolóxico, é adherente ao conxunto A-{x}.

    12. punto de tanxencia [MAT]

      Punto común a unha curva e a unha recta que lle é tanxente ou ben a unha superficie e a un plano que lle é tanxente.

    13. punto equinoccial / [ASTRON/XEOG]

      Cada un dos puntos, primavera e outono, en que a elipse corta o Ecuador.

    14. punto exterior [MAT]

      Punto dun conxunto A dun espazo topolóxico, do que existe un contorno que non contén punto ningún do conxunto A.

    15. punto fixo/dobre [MAT]

      Punto x que verifica a condición f(x) = x, nunha aplicación f. Por exemplo, o centro de simetría é un punto dobre na simetría central. Brouwer demostrou o chamado teorema do punto fixo, segundo o que toda aplicación continua nunha esfera n-dimensional (con n >= 2) ten un punto fixo.

    16. punto interior [MAT]

      Punto, nun conxunto A dun espazo topolóxico, en que existe un contorno totalmente incluído en A. O conxunto de todos os puntos interiores de A chámase interior de A, e desígnase por Å.

    17. punto impropio/do infinito [MAT]

      Clase de equivalencia formada por todas as rectas que son paralelas entre elas. No plano proxectivo, os puntos considéranse exactamente iguais ca os outros, e o seu conxunto denomínase recta impropia.

    18. punto lacrimal [ANAT]

      Cada un dos dous pequenos orificios dos condutos lacrimais situados no ángulo interno de cada ollo.

    19. punto material [FÍS]

      Idealización dun corpo material, que se supón que ten toda a súa masa e todo o seu volume concentrados nunha posición do espazo de dimensións inapreciables, co fin de poder estudar o seu comportamento cun razoamento simplificado.

      Sinónimos: partícula.
    20. punto morto [TECNOL]

      Final do curso ascendente ou descendente ou comezo do curso descendente ou ascendente, respectivamente, do pistón dun motor, que coincide cos momentos en que a biela e o cóbado correspondente están aliñados. O punto morto superior (PMS) defínese como a fin do curso ascendente ou o inicio do curso descendente, e o punto morto inferior (PMI) como a fin do curso descendente ou o comezo do curso ascendente.

    21. punto morto [TECNOL]

      Posición da panca, do pedal ou doutro dispositivo de accionamento dun cambio de marchas en que a árbore primaria non comunica movemento ningún á árbore secundaria.

    22. punto morto [TECNOL]

      Posición en liña recta da biela e da manivela dun sistema biela-manivela, na que non é posible iniciar o movemento.

    23. punto morto [FÍS]

      Posición na que un órgano motor dun mecanismo, ao non recibir impulso ningún, só pode continuar desenvolvendo o seu movemento por inercia.

    24. punto múltiple [MAT]

      Punto, nunha curva, polo que a curva pasa máis dunha vez, é dicir, que este punto está dado por máis dun valor do parámetro que figura nas ecuacións da curva.

    25. punto ordinario [MAT]

      Punto dunha función en que a función é holomorfa.

    26. punto quente [XEOL]

      Hipotética zona de formación de magma, situada na base do manto, a partir do que a materia fundida sobe por unha columna ascendente e aparece na litosfera en forma de volcáns.

    27. punto singular [MAT]

      Punto non ordinario.

      Sinónimos: singularidade.
    28. punto triplo [XEOL]

      Punto ou pequena rexión onde se atopan tres placas litosféricas. Pode estar involucrado un conxunto de tres límites converxentes (fosas oceánicas), tres límites diverxentes (rifts, continentais ou oceánicos), tres límites pasivos (fallas transformantes) ou algunhas combinacións entre estes tipos de límites.

    1. s m

      Instante, momento ou fase en que se atopa algo.

    2. punto de neve [ALIM]

      Punto en que a clara de ovo, ao ser batida, adquire máis volume e unha consistencia escumosa.

    1. s m [FÍS]

      alor que, nun sistema físico, toman un ou diversos parámetros que o caracterizan, nun estado perfectamente definido do sistema.

    2. punto de compensación

      Temperatura, inferior á do punto de Néel, en que, nalgúns compostos ferromagnéticos, a magnetización de saturación chega a ser nula.

    3. punto de ebulición [FÍS]

      Temperatura á que se produce a ebulición dun líquido.

    4. punto de fusión/de solidificación [FÍS]

      Para unha presión determinada, temperatura á que unha substancia pasa do estado sólido ao líquido ou viceversa (fusión).

    5. punto triplo / [FÍS/QUÍM]

      Estado termodinámico dunha substancia, definido por unha presión e unha temperatura, en que están presentes simultaneamente as fases sólida, líquida e gasosa.

    1. s m

      Aquilo que se toma como unidade nunha valoración, nunha apreciación ou nunha medida.

    2. s m

      Grao nunha escala.

    3. s m [EDUC]

      Unidade de cómputo nos exercicios, exames, oposicións ou calquera outro tipo de proba.

    4. s m [XOGO]

      Valor dunha carta ou das caras dun dado.

    5. punto crítico / [QUÍM/FÍS]

      Conxunto de valores de presión, volume específico e temperatura que presenta unha substancia material, cando os volumes específicos das fases gasosa e líquida coinciden.

    6. punto de marcescencia / [XEOL/BOT]

      Cantidade de auga que corresponde ao límite inferior da auga capilar absorbible polas raíces.

    7. punto vexetativo [BOT]

      Célula ou grupo de células merismáticas en división.

  2. s m
    1. [TÉXT]

      Puntada que se fai ao coser.

    2. [TÉXT]

      Labor de tecido que se fai cun ou máis fíos que se cruzan ou tecen, que orixina o elemento constitutivo dos tecidos, cosidos ou dos traballos de media.

    3. [MED]

      Puntada que se fai con fío de materiais diversos para unir os tecidos e impedir que unha ferida se abra. OBS: Tamén se denomina punto de sutura.

    4. punto de media TÉXT [TÉXT]

      Tipo de punto que consiste en entrelazar os fíos, con agullas longas especiais (agullas de facer punto de media), para facer xerseis, calcetíns, etc.

  3. s m [PAT]

    Dor aguda que se sente no tórax ou no abdome.

    Sinónimos: puntada.
  4. [LING]
    1. s m

      Signo de puntuación <.> que indica unha pausa de longa duración e, con ela, o sentido completo dun sintagma. Existen tres tipos de punto: o punto final marca a fin dun texto; o punto e á parte marca a fin dunha alínea ou parágrafo, e a escritura continúa na liña seguinte; e o punto e seguido separa unidades completas -tanto semánticas coma sintácticas-, relacionadas entre si polo significado e integradas no parágrafo, e a escritura continúa na mesma liña. Segue inmediatamente ao carácter precedente e escríbese sempre cun espazo en branco detrás. Despois de punto sempre se escribe con maiúscula, agás no caso do empregado nas abreviaturas.

    2. dous puntos

      Signo de puntuación <:> que indica unha pausa breve antes do discurso que vén a seguir, o cal precisamente anuncia. Polo xeral, indica que o que segue a continuación completa ou aclara o sentido da oración precedente, ou responde a algo anunciado nela. Segue inmediatamente ao carácter precedente e escríbese sempre cun espazo en branco detrás. Tras os dous puntos e seguido o texto segue na mesma liña, con minúscula, agás nas citas textuais, títulos, etc; tras os dous puntos e á parte, o texto continúa en parágrafos independentes iniciados por maiúscula, salvo nas enumeracións expostas en vertical.

    3. punto e coma

      Signo de puntuación <;> que indica unha pausa mediana no discurso, intermedia entre a pausa da coma e a do punto e seguido. Segue inmediatamente ao carácter precedente e escríbese sempre cun espazo en branco detrás. Despois do punto e coma sempre se escribe en minúscula.

    4. punto voado

      Signo que aparece, nalgunhas linguas como o catalán, no medio do dígrafo ll <l·l>. Tamén se utiliza en edicións de textos antigos para separar palabras e partículas que aparecen aglutinadas nos manuscritos.

    5. puntos suspensivos

      Signo de puntuación <...> que indica unha suspensión do discurso ou que este queda inacabado. Segue inmediatamente ao carácter precedente e escríbese sempre cun espazo en branco antes do seguinte, agás que este sexa un signo de puntuación (coma, punto e coma, dous puntos, signo de peche da exclamación ou interrogación).

  5. s m [MAT]

    Signo (.) que representa a multiplicación.

  6. s m [COMUN]

    Signo empregado en alfabeto Morse, que corresponde a un impulso de corrente moi breve.

  7. s m [ARTE]

    Cada unha das marcas que se fan sobre as partes que máis sobresaen nunha escultura que se quere copiar.

  8. s m [ARTE]

    Punto de converxencia na liña do horizonte, das rectas ou sistemas de rectas paralelas horizontais que, nas representacións perspectivas, inciden no cadro ou no plano de proxección. As orientacións desta incidencia poden ser infinitas e, polo tanto, tamén infinitos os puntos de fuga.

  9. s m [ARQUIT]

    Relación entre a frecha e a luz dun arco.

  10. [MÚS]
    1. s m

      Signo de notación musical de significacións diferentes. A partir do s XV converteuse nunha indicación de duración. Colocada á dereita dunha nota, aumenta a metade do valor. A sucesión de puntos horizontalmente constitúe unha liña.

    2. s m

      Cada unha das figuras ou movementos que se fan cos pés ou coas pernas nos diversos bailes.

    3. dous puntos

      Signo de notación musical que, relacionado coa dobre barra de compás (:|), significa repetición do fragmento inmediatamente anterior.

  11. s m

    Alínea, parágrafo ou capítulo en que se divide un texto.

  12. s m

    Cada unha das partes ou asuntos de que trata algo.

  13. s m

    Cada un dos xogadores que se precisan para un xogo, normalmente de azar ou de mesa.

  14. s m

    Cantidade mínima de algo.

    Ex: Os callos gústanme cun punto de picante.

    Sinónimos: chisco, punta.
  15. [HERÁLD]
    1. s m

      Cada unha das partes do campo dun escudo onde se poñen as cargas.

    2. puntos equipolados

      Pezas de segunda orde que se obteñen dividindo o escudo por medio de dous trazos verticais e outros dous horizontais, combinando o pau e a faixa, dando lugar a nove divisións ou pezas.

  16. s

    Termo da xerga das palilleiras que designa o xeito de realizar un determinado encaixe. Os principais puntos son: medio par, par enteiro, zurcido e cordón.

  17. punto de articulación [LING]

    Zona ou lugar en que se produce un contacto ou unha constrición entre un órgano activo e outro, activo ou pasivo, co fin de realizar unha emisión fonemática. En galego, atendendo ao punto de articulación, os fonemas vocálicos clasifícanse en anteriores ou palatais (/i/, /e/, /ε/), centrais (/a/) e posteriores ou velares (/u/, /o/, /ɔ/); mentres, as consoantes, en labiais (/b/, /p/, /m/), labiodentais (/f/), dentais (/d/, /t/), interdentais (/θ/), velares (/g/, /k/, /ŋ/), palatais (/ʃ/, //, /ʎ/, /tÙʃ/) e alveolares (/ªs/, /n/, /l/, /ɾ/, /r/).

  18. punto morto [ECON]

    Situación, no cómputo de resultados, de equilibrio entre os ingresos totais e os custos totais (beneficios nulos; por terse acabado os custos finais), para unha determinada cifra de negocio.

  19. punto negro

    Lugar en que se producen disfuncións importantes dun elemento natural ou dunha infraestrutura desde un punto de vista determinado, especialmente cando hai danos a persoas e cousas.

  20. punto tipográfico [GRÁF]

    Unidade empregada en tipografía para medir e designar o corpo dunha letra, que vén ser a duodécima parte do cícero, e que equivale a 0,3759 mm.

  21. punto vernal [ASTRON]

    primeiro punto de Aries.

Frases feitas

  • 1 No momento preciso ou adecuado.

  • A punto loc adv

  • En punto. Na hora ou no momento exacto.

  • Estar no seu punto. Estar no seu mellor momento ou no estado máis favorable.

  • Punto de vista. Maneira de pensar, ver ou xulgar algo.

  • Punto por punto. Con detalle.

  • 2 Listo ou preparado para un fin.

  • A punto de. Estar a piques de ocorrer algo.

Formas incorrectas

tanto