Punto Radio

Punto Radio
[COMUN]

Federación de emisoras inseridas no Grupo Vocento que comezaron a emitir baixo esta denominación a partir do 6 de setembro de 2004. Aínda que a cadea naceu coa vocación de cubrir o espectro nacional, a súa cobertura viuse limitada ao constituírse a partir de operadores rexionais e locais de Madrid, Castela e León e Gran Canaria. Na súa orixe o accionariado estivo composto por Vocento (65%), o xornalista Luis del Olmo (25%) e Televisión de Castilla y León (10%).

Palabras veciñas

puntilloso -sa | Puntiña, A | punto | Punto Radio | puntuación | puntual | puntualidade