puro -ra
(< lat pūru)
-
adx
Que non contén elementos estraños, que está exento de toda mestura.
Ex: Toma moito aceite puro de oliva. Ten cans de pura raza.
-
adx
Que non ten defectos nin impurezas.
Ex: A auga da fonte era moi pura.
-
adx
Que é só iso, que non ten nada máis.
Ex: Cóntoche a pura verdade.
-
adx
Que é casto ou honesto, segundo as regras morais.
Ex: Sente un amor puro e sincero.
-
adx
Que está libre de culpa, mancha ou falta.
Ex: É puro de espírito.
-
adx
Que é auténtico.
Ex: É un puro imbécil.
-
adx
Aplicase ás ciencias ou disciplinas que, na súa estrutura formal, están exentas de elementos prácticos e empíricos.
Ex: É un experto en física pura.
-
s
[RELIX]
Persoa, en moitas relixións, non contaminada polo contacto con persoas ou cousas impuras.
-
s
m
Cigarro sen filtro, elaborado con follas de tabaco enroladas.
Ex: Un puro de calidade. Acender un puro. Fumar un puro.
Sinónimos: cigarro.