púrpura
(< lat purpŭra)
-
[QUÍM]
-
s
f
Materia colorante vermella que antigamente se extraía da cuncha da púrpura. Utilizada xa polos fenicios, coñécese tamén como púrpura de Tiro.
-
púrpura de anilina
Colorante sintético, considerado o máis antigo de interese comercial. Foi obtido por W. H. Perkin en 1856 a partir dunha mestura de compostos orixinada pola oxidación con dicromado potásico de anilina impurificada por o-toluidina. O seu interese é puramente histórico.
-
púrpura de Casio
Materia colorante formada por unha mestura de ouro coloidal e óxido de estaño (II) en proporcións variables. Preséntase en forma de pos marróns insolubles en auga e solubles en amoníaco. Obtense por reacción de solucións de cloruros de estaño (II) e (IV), e emprégase na decoración de porcelanas e esmaltes e na manufactura de vidro de cor vermella.
-
s
f
-
adx e s
m
Cor vermella escura tirando a morada.
-
s
f
[ANIMAL]
Molusco gasterópodo mariño, da familia dos murícidos, que pertence aos xéneros Murex e Purpura. Presenta cuncha grosa e oval de cor vermella, cun escote na abertura, carece de opérculo e segrega unha tinta de cor amarela que co aire vólvese vermella.
-
s
f
-
[HIST]
Banda purpúrea que os romanos superpoñían á túnica e que indicaba a pertenza á orde senatorial, latus clavus, ou, en forma máis estreita, á orde ecuestre, angustus clavus.
-
[HIST/RELIX]
estido de cor púrpura que era prerrogativa dos emperadores bizantinos e dos cardeais.
-
Cargo ou dignidade no que o púrpura é o símbolo, especialmente dos cardeais.
-
[HIST]
-
s
f
[PAT]
-
Conxunto de manchas hemorráxicas cutáneas que se producen espontaneamente e que se caracterizan por que non se borran pola presión exercida sobre a pel.
-
Enfermidade que se manifesta por unha erupción espontánea de manchas hemorráxicas na pel cun signo predominante, que se debe a trastornos da fase vascular ou plaquetaria da coagulación.
-
-
s
m
[HERÁLD]
Cor púrpura, considerado un esmalte neutro, que se representa por un raiado inclinado que vai da esquina esquerda da cabeceira á dereita da punta.