Puy Fraga, Teresa

Puy Fraga, Teresa

Pintora, filla de Francisco Puy Muñoz. Licenciouse en Belas Artes na Universidad de Salamanca. Paisaxista, con doses de abstracción, recibiu a influencia do expresionismo e da pintura veneciana e pintou con manchas fugaces. Nas súas obras expresou un mundo persoal, humanizado, en violetas, azuis ou brancos. Participou en numerosas exposicións, tanto individuais como colectivas, e da súa produción destacan Carballo viejo (1996) e Estanque de los peces rojos (2001).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela