Puyo, Émile Joachim Constant

Puyo, Émile Joachim Constant

Fotógrafo francés. Oficial de artillaría do exército francés, comezou na fotografía como amateur a partir de 1889. Considerado un dos fundadores do pictorialismo en Francia, foi membro do Linked Ring Brotherhood e do Photo Club de París (1894), que presidiu en 1921. Empregou o desenfoque óptico como técnica de distanciamento para “baleirar” as imaxes e crear atmosferas impresionistas ou simbolistas. Escribiu varios tratados sobre o material e técnicas fotográficas como a goma bicromatada en Les Procédés d’Art (1906), con Demachy.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Morlaix

  • Deceso