Pastor, san

Pastor, san

(s III - Alcalá de Henares 304) Mártir. Morreu decapitado xunto co seu irmán xemelgo san Xusto durante a persecución de Diocleciano. É un dos santos máis antigos do culto hispánico. Iconograficamente represéntase acompañado do seu irmán, como dous rapaces de curta idade vestidos cunha túnica cinguida (propia dos nenos romanos). Leva os atributos xerais dos mártires: palma e espada. A súa festividade celébrase o 6 de agosto.