perfil

perfil

(< occit perfil ‘dobra’)

  1. s m

    Contorno ou liña moi fina que limita a figura de algo ou de alguén.

    Ex: Divisábase o perfil da montaña desde lonxe. Só debuxou o perfil das persoas.

    Sinónimos: silueta.
  2. s m

    Aspecto de alguén visto de lado, especialmente da cara.

    Ex: Ten un perfil fermoso.

  3. s m
    1. [MAT]

      Contorno dunha figura plana, da proxección dun corpo sobre unha superficie.

    2. Debuxo que representa un corte perpendicular, lonxitudinal ou transversal, dun terreo, dunha construción ou dunha figura.

  4. s m

    Adorno que se pon no canto ou no extremo de algo.

    Ex: O perfil dos pratos borrouse co uso.

  5. s m

    Conxunto de trazos e características que definen o carácter ou a condición de algo ou de alguén.

    Ex: Buscan unha persoa cun perfil adaptado ás necesidades do posto.

  6. s m [GRÁF]

    Cada un dos trazos máis finos dunha letra.

  7. [XEOG]
    1. s m

      Gráfico que representa as fases ou estadios de evolución, no estudo dos vales fluviais.

    2. perfil de equilibrio

      Estado final ou de senilidade do val, é dicir, cando a pendente do río alcanzou unha liña, teoricamente ideal, erosionando definitivamente as saídas rochosas e enchendo con sedimentos as concavidades.

    3. perfil lonxitudinal

      Evolución da altura do leito dun río, desde o lugar de nacemento ata a desembocadura ou nivel de base principal.

    4. perfil transversal

      Corte que representa as irregularidades do leito, dos brazos laterais e das vertentes dun río.

  8. s m [XEOL]

    Conxunto de horizontes dun solo.

  9. s m [IND]

    Barra metálica, xeralmente de aceiro ou aluminio, de corte especial e de sección constante, que se obtén por laminación, por extrusión ou por estiramento. Ademais dos de corte angular e os chamados I ou dobre T, T, U e Z, hai perfís especiais de seccións moi complexas.

  10. s m [AERON]

    Sección dunha á, da aresta de ataque á aresta de saída, paralelamente ao plano de simetría. A aresta de saída en punta ten a corda do perfil, que é a recta que une a aresta de saída do perfil co centro da circunferencia, con catro puntos de contacto coa aresta de ataque do perfil. A liña mediana é o lugar xeométrico dos centros das circunferencias tanxente aos contornos do perfil. A curvatura do perfil é a distancia máxima da liña mediana á corda. O groso do perfil vén dado polo maior dos diámetros das circunferencias definidas. As características aerodinámicas dun perfil son definidas polo diagrama polar.

  11. método do perfil de aroma [ALIM]

    Método semicuantitativo para avaliar o aroma de alimentos mediante catadores que analizan sensorialmente os factores que o integran, os seus compoñentes e a súa intensidade.

  12. perfil hidráulico [ENX]

    Diagrama representativo da profundidade dunha corrente líquida ao longo dunha condución libre, tendo en conta o caudal circulante, as variacións da cota de fondos, da sección transversal e da rugosidade, e tamén a posición e as características dos puntos de control.

Frases feitas

  • De perfil. De lado.

Palabras veciñas

perfia | perfidia | pérfido -da | perfil | perfilado -da | perfilador -ra | perfilar