Pero Mendiz da Fonseca

Pero Mendiz da Fonseca

Trobador portugués. Membro dunha familia da pequena nobreza da Beira Alta, no centro de Portugal, estivo activo no derradeiro cuarto do s XIII na corte de Afonso III, e probablemente tamén na de don. Denís. Apareceu no Livro de Linhagens do conde Pedro como fillo de Mem Gonçalves da Fonseca e hai referencias nun documento do mosteiro de Pendorada (1275) e da súa relación coa liñaxe dos Aboim e dos Portel. Consérvanse seis composicións da súa autoría, recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: cinco cantigas de amor (con xogos de repetición nos versos anteriores ao refrán) e unha de escarnio (“Chegou Paio de maas artes”).