Pero-Grullo

Pero-Grullo

Publicación editada en Santiago de Compostela a partir de novembro de 1888. Subtitulouse “Semanario satírico-humorístico”. Fundado e dirixido por Manuel Otero Acevedo, cesou aos poucos números. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Vicente Abad, na Coruña. De carácter anticlericalista e anticarlista, foi prohibida pola súa crítica á comunidade eclesiástica.