Perpetua, santa

Perpetua, santa

Mártir. De familia nobre e pai pagán, apresárona coa súa criada Felicidade. Bautizárona na prisión, foi martirizada e morreu decapitada xunto con santa Felicidade e outros compañeiros. Na iconografía viste túnica talar da nobreza romana, envolta nun amplo manto. Como atributos pode levar un libro ou diario, que escribiu na prisión e que relata o seu paso por ela, e unha vaca. A súa festividade celébrase o 7 de marzo.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Cartago