Pío II

Pío II

Papa (1458-1464). De nome Enea Silvio Picolomini, foi un destacado humanista e dedicou o seu pontificado a unha cruzada, despois de intentar a conversión de Mehmet II, que se apoderara de Constantinopla. Expediu a bula de canonización de san Vicente Ferrer (1458) e refutou as doutrinas contrarias á autoridade pontificia. Consérvase a súa obra poética, da que destaca África, e obras históricas e xeográficas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Corsignano, actual Pienza

  • Deceso

    Lugar : Ancona