Pío XI

Pío XI

Papa (1922-1939). De nome Achille Ratti, estimulou a creación de colexios nacionais en Roma, reorganizou os estudos e graos académicos eclesiásticos (Deus scientiarum Dominus, 1931) e fundou a Academia Pontificia de Ciencias (1937). Do seu maxisterio destacan as encíclicas Casti connubii, sobre o matrimonio, Quadragesimo anno, sobre a cuestión social, Divini Redemptoris, contra o comunismo, e Mit brennender Sorge, contra o nazismo. Asinou os Pactos de Letrán (1929), que remataron coa Cuestión Romana e deron lugar ao novo estado Cidade do Vaticano.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Desio, Milán

  • Deceso

    Lugar : Roma