Pío XII
Papa (1939-1958). De nome Eugenio Pacelli, a primeira parte do seu pontificado estivo marcada pola Segunda Guerra Mundial. Non conseguiu freala nin evitar que entrase Italia en 1940, nin que Roma fose considerada cidade aberta para salvala do bombardeo. Rematada a guerra, atendeu especialmente as igrexas do leste europeo, condenou o comunismo e toda posible colaboración dos cristiáns con el. Ademais, promoveu a evanxelización misioneira, sobre todo en África, e a difusión dos movementos especializados de Acción Católica. Do seu maxisterio destacan Mystici Corporis (1943), Divino Afflante Spiritu (1943), Provida mater Ecclesia (1947), Mediator Dei (1947), Sacramentum ordinis (1948), Menti nostrae (1950) e Humani generis (1950). Proclamou o dogma da Asunción de María (1950).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Roma -
Deceso