Pirulí, El

Pirulí, El

Semanario de tendencia republicana e galeguista publicado na Coruña a partir de 1915. Cesou en 1916. Subtitulouse “Periódico sustancioso, higiénico y chupable según el ditamen de un alcalde accidental”. De carácter crítico e satírico, editouse nos obradoiros da Tipografía Obrera. Colaboraron nesta publicación destacados intelectuais galeguistas da época, como Banet Fontenla, A. Villar Ponte, Ramón Cabanillas e Aurelio Ribalta.