Plácido, san
Plácido, san
Relixioso beneditino. Fillo do patricio Tertulio, San Bieito mandouno a Sicilia, onde fundou os primeiros mosteiros da orde. Houbo de afogar no lago Subiaco pero foi salvado milagrosamente por san Mauro, a quen mandara san Bieito; por iso se considera patrón dos afogados. Segundo a lenda, uns corsarios mouros martirizárono xunto con outros monxes. Na súa iconografía viste o hábito negro dos beneditinos con báculo de abade e porta a palma do martirio; ocasionalmente tamén leva un corte no pescozo e sinala a boca cun dedo, xa que lle cortaron a lingua antes de degolalo. A súa festividade celebrábase o 5 de outubro, ata que o Concilio Vaticano II o eliminou do calendario litúrxico universal.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Roma