polistireno

polistireno

(

  1. s m [QUÍM]

    Polímero do estireno.

    Sinónimos: poliestireno.
  2. s m [QUÍM]

    Materia termoplástica obtida por polimerización do estireno. Os polistirenos ordinarios poden ser procesados con facilidade para obter obxectos de formas moi variadas. Os polistirenos antichoque son ou ben mesturas de polistireno e de elastómero, ou ben copolímeros de acrilonitril-estireno, e teñen unha elevada resistencia ao impacto. O polistireno expandido é unha escuma ríxida de pouca condutividade térmica e acústica, polo que se emprega como illador e como elemento de protección na embalaxe de produtos. Tamén se utiliza na agricultura como substrato, especialmente en cultivos hidropónicos, e emprégase en alcouves para facer xermolar as sementes.

    Sinónimos: poliestireno.