polisulfuro

polisulfuro

(< poli- + sulfuro)

  1. s m [QUÍM]

    Sal obtido por acción do xofre sobre sulfuros de metais alcalinos, que contén anións polisulfuros na súa estrutura. Presenta carácter básico e está fortemente hidrolizado en disolución. Reacciona cos ácidos coa formación dos hidruros de xofre correspondentes ou os seus produtos de descomposición, xofre e sulfuro de hidróxeno.

  2. s m [QUÍM]

    Nome xenérico dos anións S n 2- derivados formalmente dos hidruros do xofre HS n H (n>1) por perda dos dous átomos de hidróxeno.