Porzana

Porzana
[ANIMAL/ORNIT]

Xénero de aves, da familia dos rálidos, que se caracteriza por ser de tamaño pequeno ou medio, ter a plumaxe parda na rexión dorsal e grisácea na ventral, o rabo curto, e por alimentarse de invertebrados (insectos, moluscos, etc) e plantas acuáticas. En Galicia pódese localizar raramente a especie P. porzana; outras especies que se atopan na Península Ibérica son P. parva e P. pusilla.