praza
(< lat v *plattĕa)
-
[URBAN]
-
s
f
Lugar amplo e espazoso, no interior dunha poboación, onde adoitan confluír diversas rúas. Na Antigüidade foi o centro da vida política e comercial, a ágora en Grecia e o foro en Roma. Na Idade Media apareceron as prazas cadradas e porticadas, delimitadas pola casa do concello, a igrexa e o mercado, e durante o Renacemento a praza monumental aberta. Co neoclasicismo volveron as prazas cercadas e porticadas e no s XX son espazos diversos, con áreas para actividades relacionadas co ocio e algunhas con zonas verdes.
-
praza maior
Praza que constitúe o núcleo principal da vida urbana en moitas vilas e cidades.
-
s
f
- s f
-
s
f
-
Lugar que se asigna a unha persoa ou cousa para que o ocupe.
-
Lugar que se ocupa nun centro de traballo desempeñando unha función determinada.
-
-
[BÉL]
-
Lugar fortificado.
-
praza alta
Fortificación superior a un terraplén que se coloca paralela ao flanco.
-
praza baixa
Batería que se pon detrás do orellón e que serve para cubrila.
-
praza de armas
Espazo grande e aberto dun cuartel onde forma a gornición para actos solemnes ou para realizar exercicios.
-
praza de armas
Cidade ou fortaleza erixida no lugar onde se fai a guerra para situar nela armas e obxectos militares necesarios para a contenda.
-
praza de soberanía
Denominación que se aplicou aos territorios españois de Ceuta e Melilla cando quedaron enclavados dentro da zona do protectorado español en Marrocos.
-
praza forte
Cidade que conta con fortificacións de xeito permanente.
-
praza montada
Soldado ou oficial que usa o cabalo.
-
praza viva
Praza do soldado que, aínda que non estea presente, conta coma se estivese.
-
-
praza de touros
Recinto circular con asentos en chanzos, onde se fan as corridas de touros.
-
praza financeira
[ECON]
Cidade cun peso financeiro importante, que ten bolsa de valores, con transaccións importantes, e outros elementos singulares do negocio financeiro como banca, institutos oficiais de crédito ou sociedades financeiras. O volume de negocio debe ser recoñecido internacionalmente.