Propaganda, La

Propaganda, La
[PUBLIC]

Revista publicada en Vigo a partir de agosto de 1881. Cesou en marzo de 1883. Subtitulouse “Revista quincenal. Consagrada a la defensa e ilustración de la clase obrera”. De tendencia republicano-federal, a partir de 1882 apoiou, por influencia de Ricardo Mella, as teses colectivistas da Federación de Trabajadores de la Región Española; conveténdose, ademais, en semanario. Nas súas páxinas, R. Mella polemizou coa prensa burguesa desde a sección “Misceláneas doctrinales”.