Pueblo, El

Pueblo, El

Publicación editada en Vigo a partir do 19 de febreiro de 1913. Cesou o 25 de xullo de 1914 (nº 67). Subtitulado “Órgano do Partido Republicano Vigués”, foi unha publicación da Conxunción Republicano-Socialista, dirixida por Adolfo Quintas, que funcionou como voceiro do Partido Republicano a partir do número 57.