Qal’at Sim’an

Qal’at Sim’an

Conxunto arquitectónico (ss V-VII) dedicado a san Simeón Estilita, a 34 km ao NO de Alepo (Siria). Está formado por catro basílicas situadas dentro dun patio e orientadas en dirección aos puntos cardinais. A igrexa principal, construída arredor da columna na que viviu o santo, é un dos exemplos máis antigos de fusión da planta basilical coa de cruz grega.