Qandahār Kandahār

Qandahār Kandahār

Capital da provincia homónima, Afganistán (225.500 h [estim 1988]). Situada a 500 km ao SO de Kābul, forma un oasis entre os ríos Tarnak e Arghandāb. Foi devastada en 1222 por Xenguis Khan e no s XIV por Timūr Lang. Entre os ss XVI e XVII disputárona o gran mogol e os persas.