Qatar

Qatar
Nome científico: [nome oficial: Estado de Qatar; ár: Dawlat Qatar]

Emirato independente de Arabia oriental que ocupa unha pequena península que penetra no Golfo Pérsico e que limita ao S con Arabia Saudí (11.437 km2; 574.000 h [estim 2001]). A súa capital é Al-Dawa.
Xeografía
Está formado por un deserto pedregoso cunha escasa vexetación de mato e poucos oasis. A falta de auga obriga a destilala do mar para o subministro. Os seus recursos tradicionais eran a pesca, as perlas e o pastoreo nómade, ata que en 1939 se atopou petróleo en Du ḥ ān cunha produción que oscila ao redor dos 18 millóns de toneladas anuais, segundo as normas da OPEP. As reservas de gas son enormes, e destaca tamén a minaría (hidrocarburos en bruto). O subsector enerxético consiste en gas manufacturado, plantas desalgadoras de auga de mar e centrais termoeléctricas. As manufacturas baséanse esencialmente na química a partir das refinarías de petróleo. A petroquímica obtén plásticos a partir do gas que xorde dos pozos de petróleo. Tamén se obtén gas natural licuado, fertilizantes nitroxenados e, nas refinarías pequenas, fuel, gasolina para automóbiles e avións, queroseno e gases licuados de petróleo. As industrias máis importantes son as do aceiro e do cemento. As súas estradas, con 1.230 km, unen os xacementos de hidrocarburos do N con Al-Daw ḥ a e os estados veciños. O aeroporto e o porto principais son os de Al-Daw ḥ a. As exportacións son case exclusivamente de petróleo e gases licuados e superan as importacións. As importacións principais son materiais de transporte e maquinaria, manufacturas de base e alimentos, que proceden de Xapón, EE UU e Reino Unido. Os principais clientes son Xapón, Tailandia e Singapur. Aínda que teñen que importar case todos os servizos, a balanza de pagamentos é positiva. A capital concentra a máis da metade da poboación total, o 92,5% poboación do país é urbana.
<
B>Sociedade e goberno

Diversidade étnica e cultural
O maior grupo étnico é o dos árabes que representa o 56% da poboación. Outros grupos importantes son os iranianos (23%) e os paquistanís (7%). O 95% da poboación é musulmá e o 5% practican outras relixións. A lingua oficial é o árabe. A educación é gratuíta e obrigatoria para os nenos.
Desenvolvemento humano
O Indicador de Desenvolvemento Humano situaba a Qatar entre os países cun alto desenvolvemento humano (ocupa o 47º posto cun índice do 0,833). Este indicador desagregado ofrece o seguinte balance: a esperanza de vida no nacemento é de 71 anos para os homes e de 77 anos para as mulleres; o índice de alfabetización de adultos é do 84,2% da poboación; o índice bruto de escolaridade é do 82%; e o PNB real por habitante é de 11.570 $ EE UU.
Goberno e política
Antigo protectorado británico, independente desde o 3 de setembro de 1971, é unha monarquía hereditaria en que o emir ten o poder absoluto. O 18.4.1972 promulgouse unha constitución provisional e en xullo de 1999 o emir anunciou a creación dunha nova constitución que se aprobou no referendo de 29.4.2003 e que entrou en vigor o 8.6.2004. Segundo a Constitución, o Majlis as-Shura (Consello Consultivo), está formado por 45 membros, dous terzos deles elixidos polo pobo e un terzo polo emir. Non existen líderes nin partidos políticos. O poder xudicial baséase na lei islámica, que está controlada polo emir, e conta cun Tribunal de Apelación. Forma parte das seguintes organizacións internacionais: Consello de Cooperación dos Estados Árabes do Golfo, Liga Árabe, ONU, Organización da Conferencia Islámica (OCI) e Organización dos Países Exportadores de Petróleo (OPEP).
Historia
Incorporado ao dominio islámico do califato de Abū Bakr al-Siddīq (632), a súa historia está ligada á de Bahrain ata 1868, ano en que pasou a formar parte do Imperio Otomán. Coa caída deste en 1915, Reino Unido recoñeceu ao xeque Abdulla al- Ṭ ānī como gobernador do país. En 1916 estableceu un protectorado que proporcionaba a Qatar protección contra as agresións exteriores, e grazas a que os británicos se erixiron en supervisores da súa política exterior. Tras o anuncio do fin do protectorado británico, Qatar independizouse de Reino Unido o 3 de setembro de 1971. Instituíuse unha monarquía hereditaria, encarnada desde 1972 no xeque -Halifa ibn Ḥ ammād al- Ṭ ānī, que iniciou a modernización do país e nacionalizou as compañías petroleiras. O sistema político qatarí mantén un ríxido tradicionalismo islámico e desde 1972 rexeuse por unha constitución provisional e non celebrou eleccións ata 1999. Desde a súa independencia mantivo conflitos territoriais con Bahrain sobre a illa artificial de Fast ad-Dibal, as illas Hawar e o territorio fronteirizo de Zubara. Mantén tamén conflitos territoriais con Arabia Saudí. En 1995 o emir foi deposto polo seu fillo, o xeque Ḥ ammād ibn -Halifa al- Ṭ ānī, que iniciou unha política privatizadora. En 1997 comezaron a introducirse medidas democratizadoras, como a formación de consellos municipais electos abertos ás mulleres, e en 1999 o emir anunciou o proxecto dunha nova constitución que foi refrendada polo pobo en 2003 e que entrou en vigor en 2004. Desde 1996 o primeiro ministro é o irmán do emir, o xeque Abdallah ibn   -Halifa al- Ṭ ānī. Mantivo sempre posturas prooccidentalistas e, durante a guerra entre Irán e Iraq (1980-1988) apoiou a este último. Durante a Guerra do Golfo Pérsico (1991) colaborou cos aliados contra S. Ḥ usayn. En 2003, durante a invasión de Iraq, EE UU empregou a base qatarí de Al-Udeid.