Qingdao

Qingdao
Nome científico: [Wade: Tsingtao]

Cidade do sheng de Shandong, China (1.459.195 [1991]). Situada na entrada da baía de Jiazhou, no Mar Amarelo, é un mercado agrícola de cereais, arroz, algodón e un centro pesqueiro moi importante. Ocupada polos xaponeses no transcurso da Primeira Guerra Mundial (1914), foi restituída a China en 1922.