2 que

2 que

(

  1. conx

    Forma invariable que introduce unha oración subordinada que cumpre unha función dentro da principal.

    Ex: Gustaríame que viñeras comigo. Preferiría que tiveses falado.

  2. conx

    Forma invariable que introduce oracións disxuntivas.

    Ex: Queiras que non, halo comer.

  3. conx

    Forma invariable que introduce a causa nas oracións causais.

    Ex: Compra o pan, que eu non teño tempo.

  4. conx

    Forma invariable que introduce o efecto nas oracións consecutivas.

    Ex: Tanto mo pediu que case me convence.

  5. conx

    Forma invariable que introduce, tras a prep de, o segundo termo da comparación.

    Ex: Gasta máis do que gaña.

  6. conx

    Forma invariable que forma parte de locucións conxuntivas e perífrases.

    Ex: Faino de xeito que se poida ver ben. Deulles unha propina para que tomasen café.

  7. conx

    Forma invariable que fai de reforzo dunha afirmación ou dunha negación.

    Ex: Que non, que non quero!

Palabras veciñas

Qubilay Hān | Quds, Al- | 1 que | 2 que | 3 que | Que me queres, amor? | Québec