Quercia, Jacopo della
Quercia, Jacopo della
Escultor italiano, fillo do escultor e ourive Pietro d’Angelo. De nome Pietro di Piero d’Angelo di Guarnieri, tomou o seu nome de Quercia Grossa, lugar de orixe da súa familia. Participou no concurso para realizar as portas do baptisterio de Florencia (1401). Das súas primeiras obras, fieis aos canons góticos, destaca o sepulcro de Ilaria del Carretto (1406?) na catedral de Luca, e Il Giudizio di Salomone (1408) para o Palazzo Ducale de Venecia. O seu estilo evolucionou cara ás pautas renacentistas nos relevos da Fonte Gaia (1414-1419) e nos da pía do baptisterio da catedral de Siena, onde traballou con Donatello e Ghiberti (1417-1431). En 1425 comezou os relevos da portada de San Petronio, en Boloña.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Siena -
Deceso