Quesada Rodríguez, María Fe

Quesada Rodríguez, María Fe

Ilustradora, filla de Antonio Quesada Porto. Coñecida como Maife Quesada, foi unha das pioneiras na ilustración de libros infantís e xuvenís en lingua galega. Ilustrou, entre outros, os libros O día que choveu de noite (1985) de H. Villar Janeiro, O bosque animado (1987) de W. Fernández Flórez, A chave dos soños (1988) de A. García Tenreiro, Contos máxicos (1995) de X. A. Perozo, Cantarolas (1995), de A. Miranda e X. Neira Vilas, O colar do rei (1996) de O. Cordukes, As cinco amigas (2000) de M. Olavide, Cuentos de Maricastaña (2000), e A fada do abano verde (2004), de T. Núñez. Seleccionada como unha das mellores ilustradoras españolas na Bienal Internacional de Ilustración de Bratislava (1992, 1994, 1996) e integrante da Lista de Honor do III Premio Nacional CCEI de Ilustración (1992), recibiu o Premio Nacional de Pintura Infantil (1961), o Premio Arte Xoven de Galicia (1983, 1984) e o Premio de Artistas Noveles Gallegos (1992).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Zamora