Quilon

Quilon

Cidade do estado de Kerala, India, próxima ao lago Ashtamudi, que enlaza coas cidades de Alleppey e Cochin por un sistema de canais e lagos (139.717 h [1991]). É porto no mar de Arabia e conta cun activo comercio de exportación e numerosas industrias, sobre todo na zona de Kundara.