Quintana Martelo, Manuel
Pintor. Estudou na Escola de Belles Arts de Sant Jordi en Barcelona, onde coñeceu a vangarda. Iniciouse na figuración de corte expresionista ata chegar a unha estética pop, desdebuxada ou decolorada, unha abstracción xestual e expresionista, que logo deu paso a un realismo elíptico moi particular. Pertenceu ao colectivo Atlántica e a partir da década de 1990 reflectiu situacións máis persoais en que a posta en escena superaba o marco do cadro para ir máis alá do representacional. Traballou diferentes estilos de vangarda, buscou a integración de todas as artes e empregou técnicas diversas como o gravado, a pintura mural, o vídeo e a cinematografía. Das súas obras destacan Visións do Prado (1986), O rei Artur (1986-1987), Canal st (1993), Dánae (1995), A mesiña do tapete branco (1997) e Crónica de sociedade (2000). É membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela