Quintáns, pazo de

Quintáns, pazo de

Construción situada en Paradela (Meis). Ten planta rectangular con piso baixo só pola parte posterior, seguindo o desnivel do terreo, e un andar no resto do edificio. Conserva unha das torres que o franqueaban e no lugar da outra construíuse unha terraza con balaústre. No interior destaca unha árbore xenealóxica con escudos situada na campá da cheminea do salón principal. O patio é pechado e con ameas, e nun dos seus extremos atópase unha capela. Nos seus arredores sitúase un hórreo e un cruceiro. A súa orixe vincúlase con Xoán de Balboa e Mariño Lobeira no s XVI. Conserva brasóns que aluden aos Mariño, Lobeira, Aldao, Andrade, Mendoza, Sotomayor, Sequeiros, Pardo de Figueroa, Bermúdez, Mosquera, Pimentel, Taboada e Varela.