Quintáns, pazo de

Quintáns, pazo de

Construción situada en Noalla (Sanxenxo). Foi unha torre do casal de Moldes do mariscal Sueiro Gómez de Soutomaior. Ten planta en forma de L con planta baixa e piso. Na fachada principal destaca un balcón de pedra, orientado cara ao sur. Conta cunha capela do s XVII. O conxunto está amurallado. Conserva dous escudos que aluden aos Valladares e Padín, e aos Rivera, Figueroa, Ulloa, Torres e Aponte.