quisquelo
quisquelo
s
m
[ZOOL]
Raza de cans autóctona de Galicia, de perfil recto, cun tamaño de 30 a 42 cm na cruz, mesomorfo e proporcionado, coas orellas erguidas e apuntadas, e rabo baixo ou horizontal. O pelo é mesto, con cores que van do amarelo ao castaño escuro, ou mesmo grises xeralmente uniformes. As femias son lixeiramente máis miúdas e de proporcións máis lonxilíneas. De carácter inquedo e vivo, son moi apreciados para a caza de coellos, raposos e porcos bravos. Está incluído desde 1999 no Plan de Recuperación de Razas Autóctonas de Galicia. OBS: Tamén se denomina can guicho.